Anuncios
Ticker de novas

Preto de 500 escolares desfilan polo centro de Nigrán

Coelliños, ratos, caracois, xoaniñas, abellas, libélulas, arañas e demais animais do campo tomaron hoxe o centro de Nigrán. Preto de 500 nenos e nenas do CEIP Humberto Juanes e da gardería A Galiña Azul desfilaron polas rúas da contorna do Concello lucindo os seus disfraces diante de veciños e dos seus orgullosos proxenitores. Os pequenos comezaron o percorrido desde a Avda. Castelao, para continuar pola Praza do Concello e a Avda. Rosalía de Castro, finalizando pola Rúa Curros Enríquez.

Anuncios