Anuncios
Ticker de novas

Nigrán promoverá o turismo de persoas con diversidade funcional

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

O alcalde de Nigrán, Juan González, vén de asinar a adhesión do Concello ao proxecto europeo “Saber Universal”, destinado a promover o turismo de persoas con diversidade funcional, especialmente orientado ás rutas de peregrinación (neste caso ao Camiño Portugués pola Costa). Os documentos “Carta de Accesibilidade” e “Plan de Acción” recollen os seus principios fundamentais, que no principal coinciden cos de “Un Nigrán para todos”, o proxecto do goberno municipal para eliminar as barreiras físicas e sensoriais no municipio.

Así, entre os obxectivos están a mellora das habilidades, sensibilización e preparación dos operadores turísticos implicados, aumentar a súa competitividade e estimular a a creación de novos servizos, ou promover o produto turístico como unha experiencia destinada a todos os públicos. Da aplicación destas medidas agárdanse resultados como: un itinerario persoal accesible e continuo en todo o Camiño; sinalización uniforme tamén nas instalacións e servizos adheridos; accesibilidade universal (física e sensorial) nos vehículos de transporte público e nas instalacións.

“Trátase dun proxecto exactamente na mesma liña que “Un Nigrán para todos”, polo que o asinamos con total convicción”, sinala o alcalde, Juan González.

Anuncios