Anuncios
Ticker de novas

Actividades de restauración e manualidades no Centro Sociocomunitario de Baiona

No mes de marzo comezará unha nova actividade de restauración e manualidades no Centro Sociocomunitario de Baiona, con dous grupos de traballo inicial en quendas de mañá e tarde e con horarios e periodicidade aínda por decidir. Os asistentes aprenderán a restaurar e recuperar mobles e aveños, a personalizar agasallos ou a crear coas súas mans bonitos obxectos decorativos. Máis información no correo electrónico c.b.s.baiona@xunta.gal ou nos teléfonos 886 110 123 ou 618 967 338.

Anuncios