Anuncios
Ticker de novas

Os Servizos Sociais de Nigrán tramitan a axuda da Xunta a familias con fillos menores de tres anos

O Concello de Nigrán informa de que a Xunta de Galicia convoca o prazo de solicitude da prestación económica de pago único por fillo ou filla menor de 3 anos para o ano 2018. Esta axuda está dirixida a unidades familiares que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2016 co obxecto de paliar, na medida do posible, os gastos correspondentes aos primeiros anos de vida de cada menor de 3 anos á data de 1 de xaneiro de 2018.

Ata o día 15 de marzo os interesados poderán tramitar a súa solicitude a través do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, previa cita no teléfono 986.358.455. A documentación común que deberá acompañar a solicitude é una fotocopia do libro de familia completo, certificado do padrón da unidade familiar e certificado do código IBAN da conta a nome do solicitante (pai, nai ou titor).

Anuncios