Anuncios
Ticker de novas

Dúas vitorias e tres derrotas para o Laroca na segunda xornada da liga galega de xadrez

Este pasado sábado celebrouse a segunda xornada da liga galega de xadrez, na que o Club Laroca de Nigrán participa con cinco equipos.

Na primeira división o Laroca A perdeu o seu encontro ante o Universitario de Ourense A por 1.5 a 2.5 puntos, con vitoria de Mireya Represa e táboas de Patricio Salgado, do Laroca B de segunda, e derrotas de Sergio e Fran. Con este resultado sitúanse na quinta posición da clasificación con 3.5 puntos.

Na segunda división o equipo do Laroca B, votou en falta o seu primeiro taboleiro Patricio Salgado perdendo por 0-4 ante o CXP Concello de Pontevedra, mentres o Laroca C gañou 0-4 na Guarda ante o Albatros B, con vitorias de Artai, Chema, Jorge e Antonio. Con estes resultados o Laroca C sitúase na terceira praza con 7.5puntos e a tan so ½ punto da cabeza. Por outra banda o Laroca B sitúase no décimo posto con 0.5 puntos.

Na terceira división o equipo do Laroca Mallón sufriu unha derrota por 1-3 puntos ante o Institutos de Ponteareas-Xadrez Ponteareas B, punto conseguido por Agustín. O Laroca IES Auga da Laxe gañou 0-4 no seu desprazamento á Guarda ante o Albatros D, con vitorias de Ana, Laura, Osian e José Manuel. Con estes resultados o Laroca IES Auga da Laxe encabeza a clasificación con 7.5 puntos, namentres que o Laroca Mallón sitúase no noveno posto con 1.5 puntos.

A vindeira semana suspendese a liga por mor da celebración dos campionatos galegos nas categorías de Sub 18 e Sub 14 a celebrar en Ferrol, nos que o Laroca contará con representación.

Anuncios