Xoán Doldán fala no IEM sobre a Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza este venres día 2 de febreiro ás 20:30 horas o primeiro faladoiro de anticipación do ciclo «Galicia 2017-2020: presente e futuros», no que intervirá o profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e presidente de Véspera de Nada, Xoán Doldán García.

O acto será presentado por Xulián Maure Rivas (Director do IEM). O contido da xornada tratará sobre a aplicación da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, a súa afectación, consecuencias e alternativas no ámbito rural.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.