A Escola de Vela do Monte Real, entre as mellores de Galicia

A Escola de Vela do Monte Real Club de Yates atópase, un ano máis, entre as mellores Escolas de Vela de Galicia, segundo os últimos datos publicados pola Federación Galega de Vela, relativos ao 2017.

Cunha puntuación total de 23.152 puntos, e só superada pola Escola de Vela do Real Club Náutico de Sanxenxo, a Escola de Vela do Monte Real sitúase en segunda posición e consolídase como un claro referente na formación velística en Galicia.

Ademais dos cursos de vela lixeira e vela cruceiro que ofrece ao público en xeral (non exclusivamente a socios), conta cunha das mellores Escolas de Vela Adaptada para persoas con discapacidade do noroeste peninsular, e das poucas que traballa ao longo de todo o ano.

A Escola de Vela MRCYB é, tamén, unha das dúas únicas escolas de Galicia homologadas pola Federación Galega de Vela.