O Instituto de Estudos Miñorás organiza os próximos 9 e 10 de novembro a súa XXIV Xeira Alén Miñor a Lugo, que estará guiada por Felope Arias, arqueólogo, historiador e ex director do Castro de Viladonga. A saída do autocar será ás 8:00 da mañá do sábado desde a explanada do Pavillón de Deportes de Gondomar, con chegada prevista ao mesmo lugar o domingo ás 21:30 horas. Para anotarse á Xeira, cun total de 56 prazas dispoñibles, haberá que chamar ao IEM aos teléfonos 986 360 575/627 276 816, de luns a venres de 18:00 a 21:00 horas, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal.
O prezo é de 140 euros para os socios e de 150 euros para os non socios. Non se reservará a praza até que estea aboada a xeira no Nº de conta do IEM ES95 2080 5035 0730 4001 4164. As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se aboará o importe da mesma. O prezo inclúe a viaxe en autobús, hotel (Lugo), almorzo do domingo, comidas do sábado e domingo (Lugo), seguro, xantar, as visitas e guías. En caso de solicitar habitación individual haberá que aboar un incremento de 26 euros.
Itinerario aproximado sábado 9/11
Santa Eulalia de Bóveda
Mitreo
Paseo polas murallas
Catedral (claustro, Museo Diocesano e torre )
Casco histórico, Lugo vello
Itinerario aproximado domingo 10/11
Centro Arqueolóxico de San Roque
Casa dos Mosaicos ou Domus Oceani
Museo Provincial
Termas Romanas
Ponte Vella do Miño

