Continuando coa programación da III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia, este fin de semana terán lugar dúas representacións teatrais. O sábado 27 de xaneiro ás 20:30 horas o grupo A Moura de Chaín ofrecerá a obra “Tecendo mentiras”. O domingo 29 ás 18:00 horas, Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso representarán “O espantallo”, obra que poñerá peche a esta Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Organizada polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar, terán lugar no Auditorio Municipal Lois Tobío.
Dúas novas representacións poñen fin á III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia

