Charla en Nigrán sobre as rabietas infantís

A ANPA Alborés do CEIP Humberto Juanes de Nigrán organiza este venres 26 de xaneiro unha nova charla dentro o seu proxecto Escola de Pais. Nesta ocasión tratará sobre as rabietas infantís. María Carneiro, Licenciada en Psicoloxía e Diplomada en Fisioterapia, tratará as claves para a educación emocional dos pequenos, o control das rabietas e como ensinarlles a tolerar a frustración. A charla, aberta a todo o público en xeral, comezará ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán.