Os pequenos «xigantes» do basket brillaron en Nigrán

FOTO: CB NIGRÁN // III Concentración Baby Basket.

Nigrán acolleu este fin de semana a III Concentración Baby Basket organizada pola Federación Galega de Baloncesto en colaboración co Club Baloncesto Nigrán co principal obxectivo de fomentar a práctica do baloncesto entre os máis novos.

A cita tivo lugar este domingo no CPI de Panxón, onde, a partir das 10 de mañá, desfilaron equipos de baloncesto dos clubs Celta, Salesianos, Novobasket, Miraba, Amor de Dios e CB Nigrán, con xogadores e xogadoras nacidos en 2010 e 2011 que disputaron diferentes partidos rotando polas 3 pistas de xogo habilitadas. Un total duns 90 xogadores xunto aos seus adestradores que gozaron dunha xornada lúdico deportiva.

Ao acto de clausura, no que se entregou a cada xogador participante unha bolsa con bocadillo, auga e froita e realizouse a foto de grupo, asistiu Juan González, alcalde de Nigrán.