
A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor e a Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar, convocan para este luns día 22 de xaneiro, ás 20:30 horas no Centro Neural, a todos os comerciantes de Gondomar.
Na orde do día para tratar inclúese a feira de oportunidades «Portobelo», un desfile de moda ou a problemática derivada da construción de Porto Cabral. Desde Ovalmi agradecen a maior asistencia posible, e lembran que un comercio unido é un comercio forte.