Los dos talleres de empleo del Val Miñor comparten una jornada de intercambio formativo

Este venres tivo lugar un intercambio formativo entre os Obradoiros de Emprego Valmiemprega II e Terras do Miñor VI, ambos os dous promovidos polos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán. O obxectivo foi difundir entre os persoal de ambos os dous obradoiros o propio concepto dos Obradoiros de Emprego, dando a coñecer as características propias de cada un, especialidades impartidas e obra a executar.

O encontro tamén serviu para que os alumnos das especialidades de “Servizos de restauración“ e “Operacións básicas de cociña” do O.E. Terras do Miñor VI realizasen unha práctica na que prepararon e serviron un almorzo saudable aos asistentes. Esta actividade posteriormente desenvolverase como parte da obra, con escolares dos centros educativos de concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.

Por outra banda os alumnos da especialidade de “Promoción turística local e información ao visitante” do O.E. Valmiemprega II realizaron unha práctica formativa levando a cabo cos asistentes unha “Visita Guiada de interpretación da paisaxe de Panxón, Praia América e Ramallosa ”. Esta actividade posteriormente desenvolverase como parte da obra con público en xeral e escolares, para a promoción turística dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.

 

Anuncios