O naturópata vigués Javier Akerman abrirá este venres día 19 de xaneiro na Capitanía Marítima de Baiona ás 19:30 horas o III Ciclo de Conferencias de Saúde e Benestar, que organiza o Concello de Baiona. Nesta ocasión, Akerman falará sobre a “A dimensión espiritual da enfermidade. A sanación interior.”
O resto de intervencións serán na Casa de Navegación. Así o 23 de febreiro será a quenda do oftalmólogo Dr. Alawi Ao Foad, que disertará sobre “Saúde ocular fronte ás pantallas”.
O 16 de marzo a nutricionista Gloria Pérez falará sobre “ Ho, oponopono como filosofía de vida”.
No mes de abril, o día 20, poderemos escoitar ao Fisioterapeuta e Enfermeiro Moisés López cuxo relatorio versará sobre “Saúde e exercicio, traballar desde a prevención”.
Pola súa banda, o venres 18 de maio o Médico Dermatólogo J. Luis Pozo realizará a súa exposición a través da conferencia “A nosa pel fálanos”.
O programa finalizará o 15 de xuño coa Psicóloga, Psicoterapeuta, Terapeuta familiar e de parella, Ruth Rokiski cun tema moi interesante nestes momentos, “Como vivir sen ansiolíticos nin antidepresivos”.
O obxectivo de cada relator é transmitir tanto os seus coñecementos como as súas vivencias profesionais e fomentar e concienciar sobre a importancia na prevención de enfermidades e dos beneficios dunha vida saudable.

