Suspendido o Campionato de España de Trial en Baiona

Como consecuencia do brote do coronavirus COVID-19 a RFME decidiu suspender a segunda proba do Campionato de España de Trial, prevista para esta fin de semana, sábado 14 e domingo 15 de marzo, en Baiona.

A Peña Moteros Val Miñor, organizadora do evento, tiña previsto acoller a preto de 150 participantes de toda España, divididos en 14 categorías que, repartidas en dúas xornadas de competición, darían cabida aos mellores pilotos do panorama español.

A gran cita das dúas rodas foi presentada o martes no Salón de Plenos do Concello de Baiona, nun acto presidido polo seu Alcalde, Carlos Gómez, e ao que acompañaron Daniel Benavides, Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia; José Durán, presidente da Peña Moteros e Nano Ferro, en representación da Real Federación de Motociclismo Española.

Anuncios