Anuncios
Ticker de novas

Rías Baixas, entre “o mellor do mellor de 2018”

A urbe galega de Vigo e a zona Rías Baixas, foron elixidas por unha prestixiosa revista de viaxes como os destinos favoritos para 2018. Trátase dunha Gold List elaborada polo magazine Condé Nast Traveler na que recollen ata 19 categorías diferenciadas. A maioría delas corresponden a aloxamentos de diferentes variedades e para diversos públicos, contando ademais coas alternativas nacionais e internacionais.

Os nomeamentos nas que se inclúen á zona de influencia Rías Baixas e a cidade de Vigo (dous nomeamentos separados) forman parte da categoría “Destinos España” e na que se recollen ata 25 localizacións, as cales, algunhas son vilas ou cidades, mentres que outras son áreas extensas como “Asturias”, “Pirineos” ou “Las Playas de Cádiz”.

Todas as propostas son realmente atractivas, polo que decidir cal será designada como a mellor en 2018 será unha tarefa difícil. Para iso, a segunda parte do concurso conta coa participación das ou dos internautas, que cos seus votos decidirán quen leva a ansiada denominación, e como se indica na súa páxina web “os mellores entre os mellores”.

A existencia de dúas propostas en Rías Baixas entre os 25 mellores duplica as súas posibilidades de éxito e presenta a esta zona de Galicia e España como área recoñecida para descubrir e irse de vacacións. Ademais, súmase a outros bos nomeamentos como a recente de Combarro, en Poio, ao “pueblo más bello y bueno” 2017.

Pero os nomeamentos non acaban aí, xa que ata tres hospedaxes forman parte dos seleccionados aos mellores hoteis “Spa e benestar en España”. Estes son o prestixioso Balneario de Mondariz en Mondariz-Balneario, O Gran Hotel La Toja no Grove e Augusta Spa Resort en Sanxenxo. Espazos de luxo para dar a coñecer o Turismo Termal dentro da provincia de Pontevedra e na que se poderían enumerar moitos máis balnearios para gozar especialmente nesta época invernal.

Finaliza a rolda de nomeamentos para a provincia de Pontevedra con outro hotel da cidade olívica dentro da categoría “Hoteles urbanos de España”.

Para quen estea interesado en votar, pódese facer a través do seu portal web ata o 14 de marzo de 2018 e realizar as votacións para as súas 19 categorías de forma rápida. Entre as e os participantes poderán gañar unha estancia de dúas noites nun dos seus balnearios.

Anuncios