Centos de persoas enchen as rúas de Baiona para recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Cabalgata de Reis en Baiona.

As principais rúas de Baiona enchéronse un ano más de centos de veciños e visitantes de todas as idades para recibir ás súas Maxestades de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar partiron desde a rotonda da Urbanización Ponte Romano de Sabarís para continuar por Julián Valverde, Porta do Sol e a Avda. Urbana ata a Praia de Santa Marta, onde se uniu a Comitiva Real.

A Rondalla do Centro Cultural “A Merced” de Chaín, con 80 compoñentes, foi a encargada de encabezar o desfile. Seguíronlle a Rondalla de Freixo de Valladares, con más de 70 integrantes, as carrozas do Baíña Fútbol Sala e do Erizana Club de Fútbol, con 50 e 30 membros respectivamente, a Escola de Baile Marcando Pasos e a Escola Deportiva Sey de Nigrán, cun total de 60 compoñentes, contando coa colaboración de La Pedalería e os seus triciclos tan característicos.

Tampouco faltou a animación, co grupo Troula Animación e Animarte, abrindo o paso ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente con zancudos, patinadoras, bólas xigantes, un boneco de neve e percusionistas, ambientando o séquito das carrozas, que correron a cargo, unha vez máis, de La Fiesta Escénica, co “Mundo Máxico” de temática.

A Comitiva Real encheu de cor e música os máis de dous quilómetros de percorrido, pasando pola Avda. Monterreal, Alférez Barreiro, Paseo Elduayen, Carabela Pinta, Glorieta de Colón e Marqués de Quintanar ata o Pavillón de Deportes, repartindo máis de 2.000 kg de caramelos aptos para celíacos.

Para finalizar, o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, fixo entrega aos Reis da chave mestra coa que poderán acceder esta noite a todas as vivendas da vila. Despois, Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron a centos de nenos e nenas, aos que entregaron o primeiro agasallo da noite.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.