Segundo informa a Concellería de Cultura de Gondomar, o contacontos “Perdido?” de AZ Lengua de signos, previsto para este mércores 3 de xaneiro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío, queda aprazado. Desde o Concello sinalan que en canto se coñeza a nova data será comunicada.
“Perdido?” é unha combinación de presentación oral escénica e lingua de signos, co ánimo de impulsar mediante contos un cambio sociocultural cara a convivencia, respecto, inclusión e participación activa entre a comunidade xorda e a comunidade oínte.

