Anuncios
Ticker de novas

“Os leóns do Burgo” danse o último chapuzón do ano en Santa Marta

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // "Os leóns do Burgo" despiden o ano cun mergullo na praia de Santa Marta.

Medio centenar de valentes déronse este domingo un chapuzón na praia baionesa de Santa Marta para despedir o ano. Como recompensa, tras o “baño da sorte”, os participantes puideron gozar dunha caña ou un chocolate con churros ofrecido pola Cervexaría Estrella Baiona, organizadora do evento por quinto ano consecutivo. A tradición deste peculiar mergullo foi iniciada en 2012 por un grupo de amigos coñecidos como “os leóns do Burgo”, e edición tras edición o número de participantes vai en aumento.

Anuncios