Anuncios
Ticker de novas

Gondomar organiza unha visita guiada ao Pazo do Conde

O Concello de Gondomar inicia as actividades do 400 centenario do Conde de Gondomar D. Diego Sarmiento de Acuña, cunha visita guiada dos alumnos do Obradoiro Valmiemprega Xove o día 17 de febreiro.

Dentro das visitas guiadas a grupos que o Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” ten previsto realizar durante este mes, está programada unha visita ao Pazo do Conde de Gondomar, que terá lugar o venres 17 de febreiro, con saída ás 16:30 horas da Casa do Concello.

A actividade, que terá unha duración aproximada de dúas horas, comprenderá un percorrido guiado desde a vila histórica ao Pazo do Conde, onde se darán a coñecer aspectos relevantes do seu valor patrimonial e da biografía de Diego Sarmiento de Acuña.

A visita, de carácter gratuíto, será guiada por alumnos e alumnas de especialidade de promoción turística que se cursa neste Obradoiro.

Anuncios