Anuncios
Ticker de novas

As intensas choivas provocan riadas de terra e cinzas en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Operarios municipais retirando o barro no Camiño Bargiela.

As consecuencias dos incendios do pasado mes de outubro séguense vendo máis de dous meses despois. As fortes precipitacións desta madrugada provocaron riadas de terra e cinzas en Baiona.

Un exemplo diso foi no barrio da Anunciada, onde unha vez máis os veciños afanáronse en axudar para evitar a inundación de vivendas. No Camiño Bargiela, segundo relataron, chegáronse a acumular ata 50 centímetros de barro e auga.

Ata o lugar desprazáronse operarios municipais para proceder á retirada da terra e as pedras que se desprenderon do monte queimado que se atopa xusto detrás das vivendas.

Os veciños da zona critican que en todo este tempo non se tomaron medidas para previr estas situacións, como distribuír palla no chan afectado polas chamas, ademais da falta de desaugadoiros.

Anuncios