Pasarrúas da Rondalla de Vincios polo centro de Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Pasarrúas da Rondalla de Vincios por Gondomar.

Dentro da programación de Nadal organizada pola Concellería de Cultura, a Rondalla da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios percorrerá este sábado 30 de decembro ás 11:30 da mañá as principais rúas da Vila de Gondomar. O pasarrúas amenizará este penúltimo día do ano a todos os veciños e visitantes co seu repertorio musical ao que engadirán panxoliñas. Pola tarde, ás 16:00 horas, participarán no Certame de Rondallas de Valladares.

Anuncios