Nigrán ofrece este venres “A maxia do Nadal” con Mega Valeria Varitas

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Mega Valeria Varitas.

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece este venres dende as 18:00 horas no Centro Comercial de A Ramallosa o espectáculo infantil “A maxia do Nadal” con “Valeria Varitas”, quen coa axuda do público atopará o agasallo perfecto. Maxia, humor e misterio nun espectáculo fresco e divertido onde a risa estará garantida. Valeria Varitas é unha maga namorada do seu público que te levará a un mundo cheo de maxia.

Despois de toda unha semana de actividades no Centro Comercial de A Ramallosa péchase co espectáculo de “Mega Valeria Varitas” organizado polo Concello de Nigrán e co obxectivo de levar a maxia do Nadal aos máis cativos e co obxectivo de dinamizar o comercio local.