Así soa “Despacito”, o éxito do ano, en versión Rondalla

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // A Rondalla de Vincios.

É época de Rondallas e no seu repertorio sempre podemos escoitar desde grandes clásicos, música tradicional, bandas sonoras ata éxitos do máis recente. Este ano 2017 non podía faltar o que foi sen dúbida o gran éxito do ano. A Rondalla de Vincios, no seu 75 aniversario, é unha das que inclúen no seu repertorio o «Despacito» de Luis Fonsi e Daddy Yankee.