Un Belén de máis de 40 metros cadrados ocupa un ano máis o salón de Fernando e Rosa

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Rosa e Fernando xunto co alcalde de Nigrán, Juan González, diante do Belén.

Fernando e Rosa abren un ano máis as portas da súa casa, situada no número 17 da Rúa do Gobernador en San Pedro da Ramallosa, para que os centos de curiosos como todos o Nadais achéguense para contemplar a gran cantidade de elementos que incorporan cada ano, e xa van máis de 20, ao seu Belén.

Nas noites do mes de novembro, durante un par de horas cada día, con mimo e agarimo preparan a base do Belén e colocan peza a peza, ocupando un espazo de máis de 40 metros cadrados do seu salón.

A Rosa sempre lle gustaron os Beléns, pero tal e como asegura, “non se podía”. O primeiro montouno sobre un metálico de cama de 90 e pintaba as figuras en clases de manualidades. Un amigo belenista, Fernando Fernández Penedo, animoulle a facelo máis grande. A partir de aí, coa inestimable axuda do seu marido, ano a ano foron aumentando o tamaño do Belén ata chegar ao actual.

A gran recreación do Nacemento de Xesús inclúe un incalculable número de figuras e pequenos detalles, ademais de auga e peces de verdade, luz, movemento e elementos de pedra, como un cruceiro, pontes, escaleiras, un castelo…

O Belén converteuse nun atractivo máis dos que ofrece o Nadal en Nigrán e no Val Miñor. Rosa e Fernando abren as portas da súa casa a todos os veciños e veciñas da comarca para que o visiten. “Eu se estou na casa, a calquera que veña ensínollo”, conclúe Rosa.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Anuncios