Belén Artesanal en Movemento no hall do Concello de Baiona

O hall do Concello de Baiona, situado en pleno Casco Vello da vila, ten instalado un tradicional Belén Artesanal en Movemento, obra do veciño coñecido como Kike Chamorro. O baionés este ano volveu a realizar a súa obra de arte efémera despois duns anos de ausencia con máis figuras do nacemento para seguir sorprendendo a veciños e visitantes.

O belén en movemento, que pode visitarse durante a semana ata o vindeiro venres 5 de xaneiro en horario de 8:00 a 20:00 horas, inclúe nesta edición máis de 150 figuras, das que 22 son animadas e realizan algún tipo de movemento, ocupando un espazo de aproximadamente 10 metros cadrados nos que o público poderá contemplar distintos episodios do Neno Xesús.

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o Concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, agradecen ao veciño Kike Chamorro a súa colaboración desinteresada co Nadal en Baiona. “Grazas á súa implicación desinteresada os veciños e as persoas visitantes poderán gozar desta singular exposición nestas datas tan entrañables”.