A Bonoloto deixa un premio de máis de 260.000 € en Baiona

O sorteo da Bonoloto celebrado este xoves deixou 260.943,95 € en Baiona. A combinación gañadora estivo formada polos números 10, 22, 23, 25, 36 e 37, complementario o 15 e reintegro o 4. O único boleto premiado con seis acertos foi selado na Administración de Loterías Nº 2 de Baiona, situada na céntrica rúa Carabela Pinta. O acertante recibirá 260.943,95 €. O pasado mes de setembro, o sorteo do Euromillones deixou 199.677,16 € cun boleto selado tamén nesta mesma Administración, rexentada por Geli Blach.

Anuncios