Prado Surf celebra este sábado o xa tradicional Santa Clowns Surfing Day

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Papa Noeles Surfeiros de Prado Surf.

Como xa é tradición, este sábado 23 de decembro alumnos e monitores de Prado Surf darán a benvida simultaneamente ao Nadal nos seus centros de Nigrán – Patos e Oleiros – Bastiagueiro, no marco do xa tradicional Santa Clowns Surfing Day 2017, que se conmemora en todo o mundo.

Todos os asistentes surfearán co característico gorro do Nadal de Santa Claus e recibirán un nariz de pallaso solidaria, símbolo do seu compromiso coa Fundación Theodora, que se encarga de levar alegría e diversión a centenares de nenos hospitalizados en toda España, grazas a un gran equipo de pallasos voluntarios e ademais, como novidade colaborarán tamén co Banco de Alimentos de Vigo. Por este motivo, apelan ao espírito solidario dos participantes pedíndolles que leven un alimento non perecedoiro para doar.

Contarán ademais, coa presenza de Papá Noel, que substituirá o seu trineo por unha táboa de Pádel Surf e por suposto, haberá música e diversión, finalizando a xornada co seu tradicional pincho-merenda do Nadal (cos doces típicos, chocolate, etc..) para alumnos, pais e monitores na que brindarán todos xuntos polo 2018 que está por chegar.

Ademais, e como cada ano, o Santa Clowns Surfing Day non sería posible sen a colaboración dos patrocinadores, Alumisel, O’ Neill e Waira, así como o Concello de Nigrán.

As prazas son limitadas. Confirmar asistencia nos teléfonos: Prado Surf Patos: 636 024 702 | Prado Surf A Coruña: 655 457 022.

Anuncios