Máis de 700 escolares participaron no XIX Cros do Val Miñor

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // XIX Cros Escolar do Val Miñor.

O pasado domingo celebrouse no antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabarís, a XIX edición do Cros Escolar do Val Miñor, sendo este ano unha proba de carácter oficial e clasificatoria para o Cros Escolar Provincial dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.

O Cros estivo organizado pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Concellería de Deportes do Concello de Baiona, contando coa colaboración de Protección Civil Val Miñor, Peña Moteros Val Miñor, Cámping Bayona Playa e as Concellerías de Medio Ambiente, Vías e Obras e Electricidade. Na parte loxística, contaron coa axuda e colaboración de Rosquillas Cristaleiro e Coca Cola.

Máis de 700 escolares do Val Miñor, así como de Vigo e a súa área metropolitana, participaron na proba, repartidos nas categorías chupetes, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes, tanto masculinas como femininas.

Participaron escolares dos colexios e clubs Estudio, Souto Donas, Carlos Casares, Serra Vincios, Ángel de la Guarda, Cova Terreña, As Dunas, Humberto Juanes, Cluny-Vigo, Mallón, A Paz Tintureira (Coruxo), Sabarís, Belesar, O Areal, Tebra (Tomiño), Panxón, Camos, Párroco Don Camilo, Chano Piñeiro, Calasancias, Fontes, Mestre M. García (Oia), Carrasqueira (Vigo), 1º de Marzo, Sociedade Atlética Val Miñor, Atletismo Porriño, Tríatlon Mar de Vigo e Tui Termalia.

Ao finalizar todas as probas, os encargados en entregar as medallas aos tres primeiros clasificados de cada categoría foron o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, os concelleiros Mª Jesús Martíns, Raúl Costas e Mª Carmen Paredes, e o presidente da Agrupación Deportiva Escolar do Val Miñor, Nacho Troncoso.

CHUPETES

1 – 1729 – PABLO POSADA CUENCA – ESTUDIO
2 – 1489 – ELOY MARTINEZ VARGAS – SOUTO DONAS
3 – 1469 – MARTIN MÉNDEZ DOMINGUEZ – CARLOS CASARES

1 – 1596 – UXIA DURAN LORENZO – ANXO DA GARDA
2 – 1129 – IRENE MATOS RODRIGUEZ – COVATERREÑA
3 – 1135 – MARTA RODRÍGUEZ VARELA – CE AS DUNAS

PREBENXAMÍN

1 – 1627 – NICOLAS HERRANZ VAZQUEZ – COVATERREÑA
2 – 1533 – CAETANO GONZÁLEZ GARCÍA – ANXO DA GARDA
3 – 1328 – LOIS MARTÍNEZ OTERO – SERRA VINCIOS

1 – 1416 – GABRIELA BOUZADA SENRA – S. ATLETICA VAL MIÑOR
2 – 1607 – SARA LIEBANAS GARCIA – OIA
3 – 1734 – PAULA CARIÑO HUERTA – HUMBERTO JUANES

BENXAMÍN

1 – 1413 – SERGIO GIL GONZALEZ – S. ATLETICA VAL MIÑOR
2 – 1804 – CARLOS CASQUERO – TRIATLON MAR DE VIGO
3 – 1411 – BISRAT MEIN CARBALLAL – SA VAL MIÑOR

1 – 1477 – JULIA SENRA FERNÁNDEZ – CARLOS CASARES
2 – 1353 – UXIA LOPEZ SENDIN – TUI TERMALIA
3 – 1131 – ESPERANZA LOPEZ MEROÑO – SABARIS

ALEVÍN

1 – 1392 – UXIA VIDAL MARQUEZ – S. ATLETICA VAL MIÑOR
2 – 1210 – JULIA LOPEZ HERMIDA – HUMBERTO JUANES
3 – 1203 – TANIA GALLEGO GARCIA – HUMBERTO JUANES

1 – 1350 – HECTOR PORTELA MENDEZ – CLUB ATLETISMO PORRIÑO
2 – 1178 – BRUNO BREA VIDAL – SOUTO DONAS
3 – 1419 – PEDRO VILLAR LEYENDA – CRUZ CAMOS

INFANTIL

1 – 1383 – DAVID POUSA PEREIRA – S. ATLETICA VAL MIÑOR
2 – 1386 – JACOBO BRIONES ALVAREZ – S. ATLETICA VAL MIÑOR
3 – 1387 – JESUS GONZALEZ GARCIA – S. ATLETICA VAL MIÑOR

1 – 1378 – NADIA LIA FERNANDEZ VICENTE – S. ATLETICA VAL MIÑOR
2 – 1376 – NEREA BARROS VIDAL – S. ATLETICA VAL MIÑOR
3 – 1373 – SIRA MARTINEZ RODRIGUEZ – S. ATLETICA VAL MIÑOR

CADETE

1 – 1361 – GABRIEL CANEDO FERNANDEZ – S. ATLETICA VAL MIÑOR
2 – 1365 – ABEL DOMINGUEZ MARQUEZ – S. ATLETICA VAL MIÑOR
3 – 1362 – ENRIQUE CASTRO FIGUEIRO – S. ATLETICA VAL MIÑOR

1 – 1138 – MARIA BAQUEIRO LEYENDA – 1º DE MARZO
2 – 1357 – MARTINA BRIONES ALVAREZ – S. ATLETICA VAL MIÑOR

El pase de diapositivas requiere JavaScript.