A Rondalla de Chaín inicia a tempada en Bembrive e Pontevedra

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // A Rondalla de Chaín no Encontro de Rondallas de Gondomar.

A Rondalla do Centro Cultural “A Merced” de Chaín presenta este domingo 17 de decembro a súa nova tempada. A partir das 16:30 horas participará no Certame de Rondallas de Bembrive (Vigo), e ás 18:00 horas ofrecerá un pasarrúas e concerto pola Zona Monumental de Pontevedra.