Anuncios
Ticker de novas

Martín Otero: “O Concello de Baiona non conta cos veciños”

FOTO: CASTRO E LADEIRA // Veciños de Sabarís nunha excursión organizada pola Asociación.

O Concello de Baiona non convidou á Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís ao acto de homenaxe a Manuel Quintas “O Ferreiro”. “Non é a primeira vez que nos ocorre e nesta ocasión dóenos aínda máis, xa que Manuel non só era veciño de Sabarís, era ademais socio desta asociación”, afirma Marín Otero, presidente do colectivo.

A asociación, segundo o seu representante, “sempre vai a todos os actos onde convídannos, entendemos que se ninguén o fai é que non somos benvidos”. Tamén afirman que “se nos use para “facer vulto” cando interesa e non se conte connosco para outro tipo de actos que son importantes para este colectivo”. “Cremos que se está facendo un uso partidista da nosa presenza”, lamentan, e “sabemos ao cento por cento que outras asociacións si que foron convidadas, o que nos pesa aínda máis”.

Desde o colectivo queren lembrar ao Concello que “nós representamos a un amplo número de veciños de Sabarís, se alguén non conta connosco, entendemos que non contan con eles”, conclúe Otero.

Anuncios