Este venres presentouse no Colexio Estudio de Chandebrito o videoclip “E veu o lume”, gravado polo grupo Cantares do Brueiro e Tino Baz na Madanela das Eiras (O Rosal), na Serra do Galiñeiro (Vincios) e no Castro de Chandebrito (Nigrán), con música e letra de Paco Represas.
Interviñeron Anxo Vaz dos Cantares do Brueiro, Xosé Lois Vilar Pedreira do Instituto de Estudos Miñoráns, proxectouse o videoclip e falou e cantou e sentiu Tino Baz.
No sábado 14 e no domingo 15 de outubro veu o lume, pero non veu de seu. Arderon montes, veigas, casas, coches, morreron persoas; aquí Maximina e Ánxela. Comprobamos así que hai moito no noso país que non funciona ou que funciona mal ou ó gusto duns poucos. Pouquísimos.
A intención da música que vén desde o máis fondo do noso país A Guarda, e desde o máis fondo do corazón é transmitir unha mensaxe de desacordo e de esperanza e aproveitar o desastre humano, ecolóxico, político para xurdir das cinzas e erguernos como pobo, rebelarnos de maneira activa e tentar deseñar o noso futuro.
É un grito colectivo musicado que presentoamos agora en Chandebrito e no mes de xaneiro nas Neves.

