O último videoclip de Rosendo ten selo miñorán

Este martes foi publicado en YouTube o último videoclip de Rosendo. Trátase do tema “Soy”, single incluído no novo álbum «De escalde y trincheras», un traballo con selo miñorán realizado conxuntamente por Arroutada Records, Cris Grande Fotografía y Vídeo e Matrácala Actividades Lúdicas y Educativas.

A idea e dirección do videoclip é de Alberto Alejos (Mintxo), de Monteferro, técnico de son de Rosendo desde hai anos. A gravación correu a cargo de Cris Grande, que ten o seu estudo en Sabarís, e a empresa Matrácala, de Baiona, achegou ao actor principal, José Troncoso.

A maioría das secuencias están rodadas en localizacións da área de Vigo. Así, podemos ver o campo de fútbol do Aral e a zona vella de Baiona, unha urbanización de Borreiros, en Gondomar, un bar do Mercado de O Progreso ou o Ifevi. A paisaxe árida na que Rosendo canta a canción é en Montorio, o pobo de Burgos no que reside o artista de Carabanchel.

Tamén están presentes moitos veciños de Baiona, fans de Rosendo, que participaron como figurantes, podendo presumir de compartir metraxe co rockeiro.

 

Anuncios