O Concello de Gondomar vén de finalizar a reforma do Pavillón Municipal de Deportes, cun investimento de 110.000 euros financiados pola Deputación de Pontevedra, e que comezou o pasado mes de novembro.
As obras consistiron na reposición da cuberta, a dotación de sistema de ventilación das instalacións deportivas e o acondicionamento da chaira exterior cunha capa de asfaltado e a sinalización das prazas de estacionamento.






