A “Ópera Carmen” de G. Bizet chega a Gondomar

A Concellería de Cultura de Gondomar programa para este sábado 16 de decembro a representación da “Ópera Carmen” do compositor G. Bizet, interpretada por Camerata Lírica de España. O espectáculo comezará ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío e o despacho de billetes abrirá ás 18:00 horas. O prezo da entrada é de 2,50€.

Á “Ópera Carmen” é unha das máis representadas de todos os tempos, o que indica a súa vixencia e o éxito que alcanza desde a súa estrea na Ópera Comique de París en 1875. Algunhas das súas melodías forman parte da banda sonora que acompaña desde entón a vida da humanidade. Certamente a Ópera Carmen é unha obra mestra, xa sexa musicalmente, na beleza das súas melodía e instrumentacións de grande inspiración, como no verbo cantado ou recitado, sendo sen dúbida un dos mellores libretos da historia da Ópera.

Anuncios