Vincios celebra a festividade de Santa Lucía

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de Santa Lucía en Vincios.

A parroquia gondomareña de Vincios celebra a festividade de Santa Lucía. Os actos relixiosos comezarán o martes, día 12 de decembro, con Rosario e Novena ás 18:30 horas e Misa Solemne ás 19:00 horas. O mércores 13 haberá misas cada hora desde as 7:00 ata as 11:00 da mañá. Ás 12:30 horas comezará a Misa Solemne seguida de procesión, acompañada da charanga Va K Pinta, que ofrecerá ademais un pasarrúas e un concerto, e pola tarde, celebraranse misas desde as 17:00 ata as 20:00 horas.

Anuncios