Ángel Rodal inicia o luns unha nova rolda de visitas polas parroquias

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // O alcalde e parte do goberno nunha reunión cos veciños de Belesar.

O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, xunto co seu equipo de goberno, fará unha nova rolda de visitas a próxima semana polas parroquias do municipio para coñecer de primeira man as peticións e opinións dos veciños. Durante estas reunións, que comezarán ás 20:00 horas, escoitará e unificará criterios cos baioneses.

A primeira cita será o luns, día 11 de decembro, no CEIP de Belesar. O martes, día 12, tocaralle a quenda á parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no CEP Sabarís. O mércores 13 o encontro será no Centro Cultural “A Cela” de Baredo, e o xoves 14 na Antiga Escola de Profesores de Baíña. A rolda terminará no centro de Baiona, o venres 15 no Salón de Actos do CPI Cova Terreña.