Recomendacións a seguir ante o primeiro temporal da tempada que afecta dende mañá a Galicia

FOTO: VIGOE.ES // Temporal na zona do Rompeolas en Baiona.

A Xunta, ante o primeiro temporal que afectará á nosa comunidade a partir de mañá, por vento e choiva, lembra as recomendacións a seguir.

O Goberno galego recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos.

Se dispón dunha embarcación, procure revisar o amarre antes da chegada do temporal. Evite o baño nas praias así como realizar prácticas deportivas e náuticas. Permaneza lonxe da costa: praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas zonas que podan ser varridas polo mar.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.