Gondomar cancela as actividades infantís previas ao acendido da iluminación de Nadal

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Iluminación de Nadal en Gondomar no 2016.

O Concello de Gondomar informa que por motivos meteorolóxicos a programación infantil prevista para esta tarde (globoflexia, caracterización, música en directo, etc…) posponse para o próximo día 5 de xaneiro, coincidindo coa Cabalgata de Reis. A inauguración da iluminación de Nadal farase igualmente hoxe sábado, ás 19:00 horas, na Praza do Concello.

Anuncios