Co obxectivo de incentivar o comercio local durante estas datas, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA) pon en marcha un ano máis a campaña de Nadal.
Todos os clientes que realicen as súas compras nos establecementos asociados recibirán un boleto, que unha vez selado e cuberto deberá ser depositado na caixa de correos de ACEBA que está situada na Rúa Elduayen, para participar no sorteo de agasallos que se celebrará o 12 de xaneiro.
Como participar?
1.- Compra en calquera dos establecementos asociados a ACEBA.
2.- Pide no comercio o selo do establecemento ao facer a túa compra.
3.- Cobre o cartón cos teus datos e 3 selos de distintos establecementos.
4.- Unha vez cuberto o boleto deberás introducilo na caixa de correos de ACEBA que está na Rúa Elduayen.


