Anuncios
Ticker de novas

Alberto Meira proclámase subcampión galego de ralis

Tras a cancelación do X Rali Comarca da Ulloa, cuxa celebración estaba prevista para os días 15 e 16 de decembro, Alberto Meira e Jose Murado son subcampións galegos de ralis. “Gustaríanos disputar esta última proba pero non foi posible”, lamentaba este xoves o piloto de Vincios ao non conseguir revalidar o título.

Desta maneira, Víctor Senra leva o Campionato Galego de Ralis con 1.346 puntos, fronte aos 1.292 de Alberto Meira, segundo clasificado. Iago Caamaño pecha o podio en terceira posición con 1.215 puntos.

“Desde o equipo gustaríanos felicitar a Víctor Senra e David Vázquez polo título de campións galegos, sen dúbida o ano que vén tentaremos revalidar o título de 2016”, sinala Meira.

“Gustaríanos felicitar tamén aos gañadores das copas Pirelli- Amf, Volante FGA e Top Ten Pirelli-Castrol. Grazas patrocinadores, grazas equipo e grazas afección, sen o voso apoio nada sería posible. Vémonos en 2018”, conclúe o piloto gondomareño.

CLASIFICACIÓN FINAL CAMPIONATO GALEGO DE RALLYS 2017*
1º Víctor Senra – 1.346 puntos
2º Alberto Meira – 1.292
3º Iago Caamaño – 1.215
4º Jorge Pérez – 551
5º José M. Lista – 493
*resultados suxeitos a confirmación pola FGA

Anuncios