Sin categoría

A Coral Polifónica Baiona A Real abre o Programa Cultural de Nadal da Archicofradía de Santa Cristina

A Archicofradía de Santa Cristina da Ramallosa continúa co seu programa de actividades, organizando por vez primeira un Programa Cultural de Nadal, durante este mes de decembro.

Realizaranse un total de 6 concertos con temática sacra e de Nadal, que terán lugar na Igrexa Parroquial de Santa Cristina da Ramallosa, todos os sábados e un domingo, ás 20:00 horas.

Abrirá este ciclo de concertos a Coral Polifónica “Baiona A Real”, este sábado día 2 de decembro. Seguiranlle en posteriores datas, a Coral “Enteza” de Salceda de Caselas o día 9, a Coral “San Lorenzo” de Belesar o día 16, a Coral “Mistura Vocal” de Vigo o día 17, o Obradoiro Vocal “A Vila” de Ponteareas o día 23, pechando este ciclo a Coral Novos Aires de Nigrán o día 30.

Colaboran na organización desta actividade a Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona.