A Deputación de Pontevedra liderará a xestión da “Ruta dos fenicios” na fachada atlántica

A Deputación de Pontevedra vai a liderar “A ruta dos fenicios” na fachada atlántica do noso país tal e como nos foi solicitado pola nova asociación española “La ruta de los fenicios” que se constituíu hoxe formalmente nun encontro na localidade de Ibiza, na que participaron distintas administracións públicas e entidades culturais, entre outras entidades.

En concreto, a Deputación de Pontevedra vai a ser a encargada de promocionar e consolidar a ruta denominada das “Kasitéridas”, camiño desenvolvido polos fenicios para abastecerse de estaño na antigüidade e que, podería non estar localizado nas illas británicas como creíase ate de agora, senón nas costas galegas.

Precisamente a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que a institución se integra neste Itinerario Cultural ao través dos restos fenicios e púnicos documentados en xacementos precisamente como Monte do Castro en Ribadumia, A Lanzada en Sanxenxo, Monte do Facho en Cangas, e Punta do Muíño do Vento, en Vigo, onde se localizaron importantes restos da presenza dos Fenicios nas nosas costas.

A Presidenta indicou que o Arqueólogo da Deputación, Rafael Rodríguez, que é o Director do Protocolo do Castros, “presentará todo o traballo que estamos a facer desde a Deputación nos xacementos onde se documentaron pezas arqueolóxicas de procedencia mediterránea ou elementos claramente vinculados co mundo púnico. Falará dos achados que están no Centro de Interpretación da Guarda e no Laboratorio de Liñares, con referencias as nosas liñas de traballo e todas aquelas actividades de divulgación”

A Ruta dos Fenicios é un dos Itinerarios Culturais Internacionais recoñecidos polo Consello de Europa. Este itinerario, que pasa por 18 países e por máis de 80 cidades, e que se centra no legado de fenicios e púnicos de tres continentes, é considerado como o Itinerario da Interculturalidad mediterránea. A proposta xorde do goberno italiano en 1994. Dez anos máis tarde, constituíuse a asociación “A Ruta dos Fenicios”. Aínda que en España non funcionaba como entidade propia senón dun xeito individual, sobre todo, no levante e Andalucía.

A Ruta dos Fenicios é a conexión das grandes rutas marítimas utilizadas polos fenicios desde o século XII aC., como o principal medio de comunicación comercial e cultural no Mediterráneo. A través destas rutas, os fenicios, navegantes e expertos comerciantes, deron orixe a unha gran civilización que se asentou a través da súa expansión en Occidente, para o desenvolvemento de intercambios de produtos manufacturados, de persoas e ideas, e para a creación dunha ‘ koiné’ (comunidad) cultual mediterránea e difusión da mesma.

Con respecto ás Kasitéridas a hipótese máis aceptada, é que as famosas Illas do Estaño ó Kasitérides correspóndense co arquipélago de Scilly no Reino Unido. De ser así, podería afirmarse que o navegante cartaxinés Himilcón alcanzou as costas de Britania desde Gadir (Cádiz). Con todo, non é esta a única posibilidade que se barallou ao longo da historia.

José Cornide, no século XVIII, facendo referencias a escritos de Estrabón subliña no seu escrito máis crítico que “As Kasitéridas, ou Illas do Estaño, restituídas aos mares de Galicia”, na que defende que as citadas illas pertenceron a España e estaban situadas ou ben enfronte das costas galegas (e acharíanse cubertas polo mar na actualidade) ó ben serían as mesmas rías e as illas próximas.