Baiona creará un Consello de Maiores para promover a súa participación activa

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Festa dos Maiores de Baiona.

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Servizos Sociais, convoca a todas aquelas persoas maiores de 65 anos veciñas do municipio, a unha reunión que terá lugar no Auditorio da Casa da Navegación o luns día 4 de decembro ás 17:00 horas.

Con motivo da incorporación do municipio á Rede de Cidades Amigables coas Persoas Maiores é preciso crear un Consello de Maiores, de carácter voluntario, independente, de participación con ganas de contribuír, coas súas achegas desde a propia experiencia, a mellorar Baiona naqueles aspectos que máis directamente aféctanlles como grupo social.

Trátase de promover a participación activa das persoas maiores, tendo en conta as súas necesidades, percepcións, e opinións ao longo dun proceso que teña en conta a análise polas persoas directamente implicadas.