A gripe minguou a Adrián Valverde en Culleredo

FOTO: BICHOCLETA // Adrián Valverde no I Trofeo Concello de Culleredo de Ciclocrós.

Adrián Valverde salvou como puido a sétima xornada da Copa Galicia. O corredor do Club Ciclista Rías Baixas competiu no I Trofeo Concello de Culleredo de Ciclocrós despois de arrastrar un proceso gripal durante os días anteriores. Minguado no seu estado físico, finalizou undécimo na clasificación absoluta e sétimo na elite.

«As pernas non me ían», resumiu o baionés, que bastante tivo con non baixarse da bicicleta: «Polo menos puiden acabar». O especialista da entidade miñorana cedeu catro minutos e medio respecto ao gañador, o sub23 Iván Feijoo (Academia Postal – Actyon – Maceda).

Valverde chegaba a esta cita igualado a puntos co primeiro clasificado elite Darío Otero (Muebles Compostela), que ocupou a quinta praza no circuíto coruñes. A Copa Galicia celebrará a súa oitava xornada o vindeiro domingo en Viveiro.

Anuncios