Castro e Ladeira organiza unha excursión á costa de Cantabria e Bilbao

FOTO: TURISMO DE SANTOÑA

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza do 6 ao 8 de outubro unha excursión á costa de Cantabria e Bilbao. O prezo por persoa é de 189 €, e as reservas poden formalizarse nos teléfonos 659 325 768 (Martín) ou 653 793 844 (Isabel).

Día 6: Saída á primeira hora da mañá, con breves paradas en ruta, chegada ao hotel para comer. Pola tarde os participantes dirixiranse á vila mariñeira de Santoña, onde visitarán unha conserveira típica da zona, cunha pequena degustación, para a continuación realizar unha ruta en barco pola ría. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

Día 7: Almorzo no hotel e saída cara a Bilbao, visita á cidade con guía local, comida en restaurante e pola tarde, tempo libre na cidade para o seu desfrute. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

Día 8: Almorzo no hotel, posteriormente visita aos pobos de San Vicente de la Barquera e Comillas. Comida no hotel e regreso.

Anuncios