Maxia pola igualdade en Gondomar

O Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá o domingo 26 de novembro ás 18:00 horas o espectáculo “Maxia pola igualdade” a cargo da ilusionista Fani Triana. A protagonista chega a casa despois dunha xornada longa de actividades e creará fantasías ca louza da cociña, vasoiras, roupas, panos, mobiliario do salón, e rematará cunha exposición de forza física e mental: a mesma que durante décadas levan amosando as mulleres en prol dos seus dereitos fundamentais.