Concerto de Santa Icía do Conservatorio de Gondomar

O Conservatorio Elemental de Música de Gondomar celebra este mércores 22 de novembro cun concerto a festividade de Santa Icía, patroa dos músicos. Nesta ocasión presentará a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío o traballo realizado durante os meses de outubro e novembro á volta do Pergamiño Vindel, cantando unha das súas Cantigas de amigo máis coñecidas, «Ondas do Mar de Vigo» de Martín Códax, que será interpretada polo coro do centro. Tamén contarán coa participación de ex alumnos do conservatorio de todas as especialidades e algunha que outra sorpresa. A entrada será gratuíta ata completar aforo.