Sin categoría

CETI da Federación Galega de Baloncesto en Nigrán

Dentro das actividades que veñen realizando no CB Nigrán en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto e a súa delegación en Vigo, este domingo día 19 o club cederá o seu horario de partidos do fin de semana no Pavillón Municipal para desenvolver dous CETIS (Centro de Tecnificación Itinerante que realiza convocatorias para as seleccións en diferentes idades) para as categorías benxamín e infantil feminino de 16:30 a 18:00 e benxamín e infantil masculino de 18:00 a 19:30.

Para desenvolver esta actividade habilitaranse dúas pistas de adestramento onde poder traballar cos nenos e nenas de diferentes idades. Ademais haberá unha terceira pista na que se realizará un traballo específico planificado polos seleccionadores.

Paralelamente a esta actividade o CB Nigrán está xa metido de cheo, xunto á Federación Galega, na organización do seu IV Torneo Solidario Encesta un Alimento, que terá lugar os próximos días 22 e 23 de decembro.