O patinador gondomareño Joel Ribeiro, convocado para a Copa de Europa

O vindeiro luns 23 de setembro dará inicio a Copa de Europa 2019 na localidade italiana de Roana. Nesta prestixiosa competición, a patinaxe española contará cun total de 68 patinadores e patinadoras nas modalidades de Libre desde alevín a xuvenil, Solo Danza, parellas de artístico e parellas de danza, entre os cales se atopa o patinador gondomareño Joel Ribeiro Díaz.

Joel Ribeiro, con tan só 11 anos, conseguiu unha gran traxectoria á beira do seu adestrador David Figueroa. Cabe lembrar que este patinador do Club Patinaxe Artística Gondomar conseguiu unha importante posición ata a actualidade. No ano 2018 o gondomareño conseguiu ser subcampión de Europa ostentando actualmente na presente tempada o título de campión galego na súa categoría.

Anuncios